A TEMPERATURA E O TEMPERAMENTO

FRAN MARTÍNEZ

Xoves 6 de Setembro ás 21:30 – Igrexa das Ánimas

 

SINOPSE

“¿Qué haría falta para vivir en una cabaña, en Vancouver, midiendo la
temperatura y estudiando la evolución de los conceptos, acariciando tu cabeza,
en una mano tu pelo y en la otra tu digestión, en paz, gozando de una vida
sencilla y laboriosa, totalmente en paz?” A. Liddell

Afastarse, e quedar durmido. Placidamente. Abandonado. Conmovido. E
transitar aqueles territorios que descansan, que se extenden, aparecen e xa
desapareceron; que se abalan, estoupan, salpican, que se crispan, que se
elevan. A temperatura de tantas paisaxes. O seu temperamento e mailo meu.
Para calibrar, unha vez máis, a cantidade de dor e plenitude; canto de cada
cabe nunha man e noutra. Que pesa máis.
E como non teño nada que perder, pérdome. Porque só quen se entrega
resucita.

 

Creación e Interpretación : Fran Martínez

Duración : 15 min