Leodan Rodriguez , Isabel Sánchez , Paula Quintas e Xiana Vilas
Sábado 16 de Setembro ás 21:30 – Praza de Salvador Parga
PROXECTO:
Encontro de diferentes bailaríns improvisando no aquí e no agora. Unha composición xerada nun momento efímero e que non se pode repetir. Un espectáculo en constante cambio.
Estrénanse como formación na primeira edición do Festival Imperdible de Improvisación en Santiago de Compostela coa Intervención «Hic et Nunc: Aquí e Agora»
Esta será a segunda oportunidade de ver Imprevisibles dentro do marco do festival herDanza
Igual que na pasada edición contaremos con bailaríns invitados e música en directo.
Con Ángel Zotes, Mónica de Nut, Luis Martins , Brais Bassave e Earan