ALBA BARRAL

O CORPO PRESENTE

Imparte: Alba Barral

Horario: Luns 3, martes 4 e mércores 5 de 15:30 a 18:30

Lugar: Estadio de Atletismo da USC

Contidos:  

Un corpo presente é un corpo que comunica, un corpo activo e reactivo, un corpo consciente e en conexión co espazo e co agora. Un corpo no que a destreza motora, a intención e a sensibilidade están en constante diálogo, en harmonía, en equilibrio. O obradoiro formúlase como unha oportunidade de profundar no coñecemento e nas posibilidades dese corpo en movemento, de explorar e transgredir os seus límites. A través dun adestramento físico intenso (ferramentas técnicas e xogos, secuencias de movemento, texturas e dinámicas) obteremos a maleabilidade necesaria para movernos con economía e fluidez, á vez que conseguiremos acceder a un espazo sensible de escoita física persoal e colectiva.

 

ALBA BARRAL

Comeza a súa formación en danza da man de Juan Carlos Zahera en Lugo e no Espazo de Danza Universitario da USC. Continúa formándose en Holanda e no 2003 gradúase en Interpretación de Danza Contemporánea en ArtEZ Institute of the Arts (Arnhem). Neste país traballa coas compañías Leine&Roebana e Suzy Blok. No ano 2006 trasládase a Barcelona e traballa con Senza Tempo Teatrodanza.

Dende 2008 é membro estable da compañía Thomas Noone Dance, onde tamén ten a oportunidade de traballar cos coreógrafos Guy Wiezman/Roni Haver, Ederson Rodrigues Xavier, Johannes Wieland e Jo Strømgren. Dende o 2012 tamén forma parte do proxecto Camara lucida, dirixido por Lautaro Reyes.

 

Información Xeral dos talleres, Prezos e Inscripcións

 

COA COLABORACIÓN DE