APNEA

CÍA LIGAZÓN

LUCAS ARES E NÉSTOR RUBIO

Sábado 16 de Setembro ás 18:30 – Museo do Pobo Galego

SINOPSE

Apnea é unha peza de teatro-físico baseada na improvisación.
Apnea achéganos a un mundo no que un non pode separarse do seu outro eu, no que unha parella queda atrapada na dependencia e o desexo, no esgotamento dunha situación límite na que ata respirar é imposible se non se fai un a través do outro. Apnea mostra o conflito da dualidade, a transformación do amor en adicción.
Apnea é un traballo interpretativo dende o corpo, o movemiento e a influencia da danza, desenvolvido por estudantes da Real Escola Superior de Arte Dramático de Madrid (RESAD) que conciben o teatro coma un mundo de posibilidades por explorar.

Interpretación: Lucas Ares e Néstor Rubio
Coreografía, dramaturxia e dirección: Néstor Rubio e Lucas Ares
Agradecementos: Liliane Claro