Bebeto Cidra

Bebeto Cidra (Brasil, 1959) é bailarín titulado na Escola Nacional de Río de Janeiro, e mais tarde, na especialización da pedagoxía da danza. Traballou como bailarín no Teatro Nacional de Río de Janeiro e foi primeiro bailarín no Ballet Cidade de Sao Paulo. 
Tamén é en Brasil, onde fundou e creou a Bebeto Cidra, Cía. de danza. 

Foi asistente de dirección, bailarín e profesor do Ballet Contemporani de Barcelona e de Lanònima Imperial. Como coreógrafo colabora con diversas compañías e artistas a nivel internacional: Ecos do Silencio de Juan Carlos García para a ITS GALILI GRONINGHEM, Gossos de ciutat de Maria Rovira, Hamlet producido polo Teatre Lliure e en tres pezas audiovisuais: INQUIETA, ORFEO LATERAL e HUEVOS. Tamén é coreógrafo das producións Remember me 
(die Deutsche Oper Berlin), Incierta Ceremonia (Maggio danza Florencia), Landschaft mit Schatten (die komische
Oper Berlin).

 
Durante oito anos dirixe o proxecto Urbe DANZA na cidade de Vic, traballando e formando a mocidade inmigrante de diversas nacionalidades sen formación previa en danza, desenvolvendo e presentando varios espectáculos urbanos e, en 2016, regresa ao traballo como intérprete na produción + 45 de Sebastián García Ferro. 
Como pedagogo imparte clases en varios centros e compañías como; Institut del Teatre de Barcelona (EESA / CDP), Àrea de dansa, Vàrium, Companyia IT Dansa, Centre de Dansa Ramon Soler, Conservatorio oficial LAIE, p.a.r.t.s (Bruselas), Escola Municipal de Rio de Janeiro (Brasil), Lanònima Imperial, Els Joglars e Compañía Increpación Danza. Tamén foi formador para profesorado no Institut del Teatre e no CEIP Oriol Martorell. 

 

Premios e mencións 
• Premio ao coreógrafo con traxectoria del XVII Festival Coreográfico de Madrid (2003) 
• Premio ao mellor bailarín no Sunzanne Dellal International Dance Competition (1994) 
• Primeiro premio de coreografía del VII Festival Coreográfico de Madrid (1993) 
• Premio especial do Xurado no Certame Ricard Moraga de Barcelona (1993) 
• Segundo premio de coreografía e mellor intérprete no Festival Iberoamericano Óscar López de Barcelona (1991) 
• Premio APCA (Asociación Paulista críticos de arte) ao mellor Coreógrafo do ano (1987) 
• Premio ao mellor intérprete no Festival Rio de Janeiro (1982)