CONVERSAS

Propoñemos un espazo de conversa aberta ó público con artistas e outros axentes que traballan no sector profesional da danza.

Nas Conversas disfrutaremos dunha cata de viño e maridaxe por parte de Adegas Galegas -D.Pedro D Soutomaior, Albariño- Torre de Núñez

Así mesmo, en NUMAX, a librería oficial do Festival herDanza,  contaremos cun posto de venda de libros e material especializados no corpo, na danza e nas artes escénicas.

¿Onde e cando?

Estaremos o martes 12 e o mércores 13 de setembro ás 20:30 na saLa Montiel

Modera as Conversas: Mónica Páramo Casas, Filósofa e Médico.
 

MARTES 12 ás 20:30

Creacións en colectivo: O exemplo do proxecto ‘NIDO – Rizoma 2016’ de Sharon Fridman
Proxección do documental sobre este proxecto, realizado por Damián Varela.
 
CONVERSA CON…
Damián Varela Pastrana: director, productor, realizador e cámara de cine e artes escénicas.
 

MÉRCORES 13 ás 20:30

As artes escénicas como ferramenta de transformación social
 
CONVERSA CON…
Ruth Oblanca García: psicologa e Actriz , no marco do festival presentará a peza Alteridad e impartirá o taller Descubrir, Xogar, Construir.
Andrea Calsamiglia Madurga: doutorada en Psicoloxía social coa tese “Da violencia ó amor e do xulgado ó teatro social ” e co-fundadora de NUS Teatre.
 

 


Coa Colaboración de…