Documental «Fuera de Escena»

Un  Documental de ALEJANDRA AGUIRRE

Ao longo de catro anos, unha cámara recolle a vida diaria nos salóns de Danza Contemporánea de Cuba, unha das compañías máis emblemáticas da escena da Habana. A formación, montaxes coreográficas, xiras internacionais son, en xeral, o contexto dende o que se aborda a danza como vontade colectiva. Ao mesmo tempo, xorden reflexións, medos, contradicións e certezas individuais.

Que é un bailarín? Non hai unha resposta simple ou inequívoca. Pronto conflúen outros temas asociados: o corpo, o instinto, o movemento, a lonxevidade da profesión e a relación do artista coa escena e as súas inmediacións. Falar de danza implica falar do corpo e iso significa localizalo nun mapa espazo-temporal. O bailarín, polo tanto, convértese nun cidadán común cunha necesidade permanente de interpretar a vida e o movemento ao unísono.

O discurso verbal e cinético de «Fuera de Escena» remitirannos unha e outra vez á Cuba contemporánea