FRAN SIEIRA

Profesional dentro do baile e a música tradicional galega desenrola a súa actividade entre a de bailador e a de formador de grupos de baile galego por todo Galicia, asumindo, na actulidade, a dirección do corpo de baile da Asociación Cultural Traspés (Vigo), da Asociación Cultural Nós de Sobradelo (Vilagarcía) e do Grupo de Baile e Música tradicional Tahúme (Ribeira). 

                        Dentro da súa experiencia cabe destacar a de bailador no  espetáculo “Isolma” da compañía de baile GS21 no ano 2007. A de bailador do espectáculo “Alén da Croa” da compañía Quique Peón e Cía no ano 2012. E a de bailador do espectáculo “Son” desde o ano 2016 na compañía Nova Galega de Danza. 

                        Como compañía profesional de danza comeza a súa andaina no ano 2017 da man do seu primeiro traballo “EntreSoños” estreado en abril do 2018, sendo o espectáculo de danza máis programado en Galicia no ano 2019. Na actualidade está inmerso na producción do segundo traballo que verá a luz en abril do ano 2021.