IMPREVISIBLES

Danza Improvisada e Música en Directo

Sábado 8 de Setembro ás 21:30 – San Martín Pinario

 

PECHE DE FESTIVAL

Encontro de bailaríns de diferentes compañías improvisando no aquí e no agora. Unha composición xerada nun momento efímero e que non se pode repetir. Un espectáculo en constante cambio.

Estrénanse como formación na primeira edición do Festival Imperdible de Improvisación en Santiago de Compostela coa Intervención “Hic et Nunc: Aquí e Agora”

Esta será a terceira oportunidade de ver Imprevisibles dentro do marco do festival herDanza, converténdose xa nunha tradición de peche de festival.

Igual que na pasada edición contaremos con bailaríns invitados e música en directo.

 

Proxecto Imprevisibles Danza : Leodan Rodríguez, Isabel Sánchez, Paula Quintas e Xiana Vilas.

Coa colaboración de  : Brais Bassave, Guillermo Botello, Daniel Lezslo e outros artistas invitados