Lloc Jox Xoc

SANTIAGO DE LA FUENTE E DIEGO BUCETA

SINOPSE

Non é unha historia de amor. Non hai ganas de acabar fodendo. Non retratamos á comunidade gay. Nin á hetero. Só queremos propoñer unha resistencia. Unha resistencia fronte ao solipsismo. Fronte á figura do home. Fronte á súa forza, á súa verticalidade, á súa capacidade de decidir, de ordenar.
E a facemos bailando. Diante vosa.

Creación e interpretación: Santiago de la Fuente e Diego Buceta

 

SANTIAGO DE LA FUENTE

Licenciado en Historia da Arte (máis Certificado de Aptitude Pedagóxica), Máster en Xestión de Artes Escénicas e titulado superior de Danza pola Facultade das Artes de Altea.
Dende 2004 codirixe a compañía La Coja Dansa xunto con Tatiana Clavel. A compañía estivo presente en festivais de toda España e en Exipto, Francia, Alemaña, Brasil, República Checa, Marrocos e Portugal. As súas obras participaron en circuítos como o da Rede de Teatros Alternativos e en programas como Danza a Escena. Tamén xestiona a asociación A Contar Mentiras adicada á pedagoxía e ao apoio de compañías de danza contemporánea.
Actualmente é profesor de Técnica e Composición no Conservatori Superior de Dansa de Valencia.

 

DIEGO M. BUCETA

Titulado superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e titulado profesional en Danza Contemporánea polos conservatorios de Madrid e Granada.
Desenvolve a súa traxectoria profesional en montaxes de compañía e coreógrafxs como La Imperfecta, Álvaro Frutos, Sharon Fridman, Tino Sehgal e Olga Cameselle entre outrxs.
Actualmente fai parte xunto con Fran Martínez e Belén Bouzas da compañía de danza Prácido Domingo. Non hai que ser una casa para ter pantasmas é o seu primeiro proxecto xuntxs, 1º premio Xuventude Crea 2017 e premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid 2018.
As vacacións máis longas é o seu primeiro traballo en solitario, premio á mellor interpretación no certame m2 no festival FIOT (Carballo) 2018.