TALLER DE MOVEMENTO
Horario: Xoves 6 de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30 ; e Venres 7 de 11:00 a 14:00
Lugar: Estadio de Atletismo da USC
Contidos:
Este taller propón un adestramento físico que coloca o corpo en posición de abarcar diferentes posibilidades de movemento dende a apropiación / repetición de secuencias de movementos e desde aí, a través de prácticas que favorecen a atención, a mobilización das articulacións, a inercia e intuición, danza.
MÓNICA GARCÍA
https://www.monicagarcia.net
É licenciada en Coreografía e Técnicas de interpretación de danza no Real Conservatorio de Danza de Madrid e é especialista en cambios culturais e sociedade: “Novas tecnoloxías, Novas industrias, Novos usos” pola Universidade Aberta de Cataluña e polo Centro de Arte de LABoral.
Foi intérprete de Catherine Diverrés / Centro Coreográfico de Rennes e no da Bretaña, tamén en Matarile Teatro, no Staatstheater de Darmstadt (Alemaña), na compañía 10 & 10 e en Provisional Danza, entre outros.
Presentou as súas creacións en numerosas ocasións: Teatros e festivales españois e europeos. Compartiu o seu traballo como docente, ademais de en talleres en diferentes espazos e contextos, na Universidade de Alcalá de Henares, no Staatstheater de Darmstadt, na Escola de Danza Profesional de Burgos e no Conservatorio de Música e Danza de Xixón.
Información Xeral dos talleres, Prezos e Inscripcións
COA COLABORACIÓN DE