MULLERES CREADORAS E ARTISTAS : O papel da muller na danza

Con Alba Barral e Sonia Rodríguez

Martes 4 de Setembro ás 21:00 – Casa do Matadoiro

 

Propoñemos un espazo de conversa aberta ó público con artistas e outros axentes que traballan no sector profesional da danza.

Nas Conversas disfrutaremos dunha cata de viño e maridaxe por parte de Adegas Galegas -D.Pedro D Soutomaior, Albariño- Torre de Núñez

Modera as Conversas: Mónica Páramo Casas

 

Alba Barral

Comeza a súa formación en danza da man de Juan Carlos Zahera en Lugo e no Espazo de Danza Universitario da USC. Continúa formándose en Holanda e no 2003 gradúase en Interpretación de Danza Contemporánea en ArtEZ Institute of the Arts (Arnhem). Neste país traballa coas compañías Leine&Roebana e Suzy Blok. No ano 2006 trasládase a Barcelona e traballa con Senza Tempo Teatrodanza.

Dende 2008 é membro estable da compañía Thomas Noone Dance, onde tamén ten a oportunidade de traballar cos coreógrafos Guy Wiezman/Roni Haver, Ederson Rodrigues Xavier, Johannes Wieland e Jo Strømgren. Dende o 2012 tamén forma parte do proxecto Camara lucida, dirixido por Lautaro Reyes.

Sonia Rodriguez

Comeza a súa carreira profesional como intérprete da Cia Provisional danza, posteriormente forma parte de diferentes compañías europeas: Cia Charleroi Danses (Bélxica), Cia En-Knap (Eslovenia), Cia Gissela Rocha (Zúric).

Traballou coa Cia Rui Horta (Alemaña); ademais de intérprete, participa como axudante coreográfica de pezas de repertorio para distintas compañías como Scottish Dance Theatre (Escocia), Cia Norrdans (Suecia).

Na actualidade vive en Berlín, onde desenvolve a súa actividade como coreógrafa e docente, e imparte talleres en toda Europa.

 

 

patrocinio adegas galegas