Nais

CÍA OLLIÑOS

SINOPSE

Se fósemos capaces de mirar adentro, de mirar no máis profundo e ancestral de nós, caeríanse todas as defensas e as ganas de poder, de diñeiro, de recoñecemento. Se só lembráramos a sensación dunha man secándonos unha bágoa que cae polos beizos. A sensación de calor dentro deses brazos que saben ser fortes e protectores e á vez suaves e cálidos como os raios do sol da primavera.
Se puidésemos lembrar a primeira mirada dunha nai cando nos sostén cos seus brazos, outra sociedade sería posible.
Se fósemos capaces diso utilizariámolo en honor a ela, dende o amor e a gratitude que un día correron polas nosas veas a través das súas.
Unha nai.
Ela, que todo o sabe pero o cala. Ela, que se despoxa de todo o que ten para darcho.
A mesma que todo o arranxa co seu sorriso.
A pena é que teñamos tanto medo a que isto ocorra.

Texto: Ileana Bini

Compañía: Olliños
Creación e interpretación: Lupe Carballo
Duración: 9 min