OUVEO – RESIDENCIA DE CREACIÓN NO CGAC

Nesta edición do herDanza Mikel Aristegui realizará unha residencia de creación para o solo OUVEO en Colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea.

Mikel Aristegui estará traballando nesta peza dende o 31 de Agosto ata o 4 de Setembro nas instalacións do CGAC. Poderemos ver unha mostra de este traballo e ter un coloquio co artista o vindeiro Venres 4 de Agosto no Auditorio do CGAC.

OUVEO

Con este solo quero traballar a necesidade de convivir con esta situación, a miña calidade de artista, defender os meus dereitos á creación e á necesidade de sobrevivir.

Quero dar un grito á rabia, á impotencia e á mezquindade políticas para primar o apoio, o entendimento e a calidade humanas que hai dentro de cada un de nós, quizáis e ás veces, eclipsado e/ou cegados polo poder adquisitivo e a economía do máis forte.

O MOVEMENTO É VIDA


MIKEL ARISTEGUI


Nace en San Sebastián, a súa carreira profesional como bailarín/intérprete e co-creador é moi extensa non soamente no tempo (máis de 30 anos) senón na diversidade de traballos que realizou.
Bailarín con 4 anos de formación na prestixiosa escola de Danza-Teatro de
Pina Bausch. Traballou en numerosas pezas en Alemaña, Italia, España, Suiza, Inglaterra, Francia e Irlanda, moitas veces con textos longos e complicados en Alemán, Italiano, Francés, Inglés e Castelán.
O seu amplo espectro de colaboracións artísticas foron con:
-Coreógrafos como Sasha waltz, DV8 Physical Theatre, Sidi Larbi Cherkaoui, Caterin Inesi, Fabrice Ramalingom, Alicia Soto, Nuria Sotelo, Solosdos e Sol Picó entre outros.
-Directores de Teatro como Thomas Ostermeier, Sebastian Nübeln, Lavinia
Frey, Clemens Bechtel, Maelle Poesy, Steven Berkoff e Davide González entre outros.
-Artistas Plásticos e gráficos como o colectivo Fevered Sleep, o colectivo
INITIATIVE TEMPORÄRE KUNSTRÄUME e.V, Claudia Brieske, Stephanie Thiers, Ebon Heath e Hermann August Weizenegger.
-Video Artistas e directores de cine. Pascal Magnin, Dearbhla Walsh,
Laurence Stajic, Carlos Moore, Natalia Pavia Camargo e Masako Hattori.
-Músicos como a banda Snoopy Lads, os compositores Gorka Alda e Brais
González, a solista e compositora de Jazz Judy Niemack.
-Directores de Orquestra como Iñaki Ecina Oyón.
-Deseñadores de espazos de luces, Octavio Mas e Emese Csornai.
-Deseñadores de moda: Adolfo Dominguez e Anna Kleihues.

Realizando máis de 70 pezas de danza-teatro, ópera e performances e máis de 10 video-danza.