RAKHAL HERRERO – A ESCEA DO DOUS

A ESCEA DO DOUS – Exploración e Desenvolvemento de Dúos

Imparte: Rakhal Herrero

Horario: Luns 2 de 15:00 a 18:00 e Martes 3 de 10:30 a 13:30 e de 15:00 a 18:00

 

Contidos:  

Cómo xerar unha contrucción entre dous de caracter relacional , que habilite un pulso de reciprocidade preservando e respetando a propia individualidade?

Partimos do suposto da diferencia , da autonomía de cada individuo para establecer relación co que nos circunds¡a. Neste seminario propoñeremonos desenvolver a hipótese dun encontro que contempla o heteroxéneo como potencia. Considerando esta conciencia de si mesmo , como a anclaxe que permiteme ver e incluir a quen me acompañe.

Exploraremos algunha estratexias de encontro e de contacto entre dúas persoas , podendo localizar ferramentas relacionafdas co peso, puntos de contacto, tomas, apoios e direccións do corpo, forza e tono; e tamén localizar conexións que están máis alá dos recursos do contacto: as intencións, potencias e posibilidades vinculares entre dous intérpretes. Transitar un dúo a través da posta en valor de todos os elementos dinámicos que integran e condicionan o encontro.

METODOLOXÍA DE TRABALLO: 

Inicialmente traballaranse pautas xerais establecendo códigos comúns no grupo, probando e experimentando os materias con diferentes compañeir@s. Despois estableceranse dúas fixos profundizando nas especifidades de cada dupla.

Pódese participar baixo tres modalidades: 

  • Asistir con unha parella coa que se esté desenvolvendo algo. Puidendo incorporar as ferramentas do curso sobre a búsqueda que veñen levando.
  • Asistir con alguén con quen teño intención de desenvolver algo.
  • Atopar no curso , coa coordinación do docente unha parella coa que explorar o proceso.

A Escea do Dous

O concepto da «escena do Dous» está tomado do libro «Eloxio do amor» de Alain Badiou no cal , refiríndos ó encontro amoroso entre dúas persoas ( ainda que que aquí trasladámolo ó encontro escénico) é preciso tomar en conta un elemento fundamental que é: a diferencia, a separación, a disyunción entre dous suxetos para poder levar adiante un encontro con valor de acontecemento. Un encontro que non é unha disolución no outro , senón unha disposición a compartir a miña mirada do mundo xunto a outro , e que es amirada pode ser a mesma , a «paradoxa dunha diferencia idéntica». Unha contrucción , non «dende o punto de vista do  Un , senón dende o punto de vista do Dous»

 

RAKHAL HERRERO

Coreógrafo , docente e bailarín independiente. Licenciado en Teatro na Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina) Desde 2004 ven desnvolvendo un contante traballo como creadorm xerando máis de 15 producciones. Nos seus traballos propón un universo singular , caracterizado pola integración de linguaxes. 

Dende 2009 é profesor de Composición Coreográfica na Universidade Nacional de Artes. Dictando clases nmo exterior , como en Italia , España, Chile, Uruguay , México e Austriam á vez que realiza unha constante tarefa dictando clases  e seminarios de improvisación e composición ó redor de toda Arxentina.

Colabora como intérprete e creador con importantes e innovadores directores como:Juan Onofri Barbato, Matías Feldman, Nahuel Cano, Celia Argüello Rena, Ciro Zorzoli, Gustavo Lesgart, Carlos Casella, Ana Frenkel, Silvina Grinbeng, Paco Giménez, entre outros.

Desenvolveu traballos e investigacións en Brasil, México, Austria e Croacia. Asimesmo participou en numerosos festivales como o Spring Festival (Holanda), KUG (Austria) FIDCU(Uruguay), LOFT (Chile) Argentino de Danza, Ciudanza, Festival Buenos Aires Danza Contemporánea, El Cruce, La Menage, Bahía Blanca Danza Contemporánea,  entre outros.

Realiza montaxes para a Compañía Contemporánea del la UNA coa peza SOBRE EL CAMINO DE LOS PAJAROS e a Compañía Nacional de Danza Contemporánea donde obtuvo o Premio Maior por Dirección Coreográfica Premios Teatro del Mundo con LA QUE SEPAMOS TODOS.

Recibe Bolsas do Fondo Nacional de las Artes, Agencia Córdoba Ciencia e subsidios de Prodanza. 

 

Información Xeral dos talleres, Prezos e Inscripcións