REBECA CARRERA – DESTRUIR O CORPO COTIÁN

DESTRUIR O CORPO COTIÁN

Imparte: Rebeca Carrera

Horario: Xoves 5 de 10:30 a 13:30 e de 15:00 a 18:00 e Venres 6 de 10:30 a 13:30

 

Contidos:  

“A razón pola que danzamos é porque existen moitas cousas que non entendemos” Kazuo Ohno

Cando bailo , sinto que poño o meu corpo a disposición dun luga diferente ó real , atopo un sitio onde a miña enerxía e o meu imaxinario entréganse a un mundo de posibilidades. Un lugar no que hai espazo para o xogo , a emoción, a curiosiade e sobre todo para o movemento , un movemento extra cotián e abstracto.

A danza permíteme tomar contacto e consciencia do meu corpo , do espazo que habito , interna e externamente. Consciencia dos corpos que me rodean e os distintos xeitos nos que podo interactuar con eles, ben buscándoos ou evitándoos . É unha forma coa que me comunico co mundo e conmigo mesma.
Neste taller propongo movernos dende o xogo , dende a «non expectativa», e dende o «non xuizo». Moverse a favir de unha mesma. Dende o cuidado, o desfrute e dende ese pracer de moverse ou da quietude com o outra opción de movemento.

Permitirnos destuir o noso corpo cotián e común dun xeito amable para poder atopar outros corpos novos, cos que poder comunicarnos co mundo e con nós.

Propoñerase para comezar algúns exercicios técnicos básicos de danza contemporánea , que nos axuden a ter un achegamento a traballar cos distintos niveis , tanto a niveldo chan como o nivel vertical , e as posibilidades de viaxar dun a outro da forma máis orgánica e cómoda. 

Gustaríame tamñen invitar a investigar o espazo e como viaxar por el , todas as posibilidades que nos ofrece o ter conciencia do noso corpo no espazo que nos movemos, ademais dunha consciencia do grupo co que imos a movernos, «todo móvese, todo móveme , todo o movo». 

O traballo irase enfocando sobretodo a propostas de traballo individuais físicas , á búsqueda dun corpo no que profundizar, chegar a un estado físico no que o corpo fala , o corpo en si mesmo sexa a escena.

 

 

REBECA CARRERA

Rebeca Carrera, nace en Málaga, traballaeactualmente como intérprete e bailarina con Alberto Cortés, Cía. Vaivén Circo Contemporáneo, e en traballos individuais. Formouse en danza contemporánea na Cía. Málaga Danza de Thomé Araujo, e en diversos workshops en Berlín, Bruselas, Dinamarca, Madrid, Valencia e Barcelona. Estudiou interpretación no Odin Teatret e Comedia Da Arte en Italia, na escola de Claudia Contin e Ferrucio Merisi.
Realizou a formación de caracterización de Escénicas, en Málaga. Ten a diplomatura de Educación Especial, e a formación do módulo superior de Intérprete de Lingua de Signos Española.

 

Información Xeral dos talleres, Prezos e Inscripcións