SAIDA DE EMERXENCIA

Convocatoria para artistas emerxentes do corpo e movemento

Dende o festival herDanza nesta IV Edición queremos propoñer un espazo onde @s artistas emerxentes podan mostrar a súa obra.

Especialmente pensado para aquelas persoas que estén traballando nunha peza que queren testear, que ainda non estea estrenada , asimesmo intervencións, investigacións ou outro tipo de formatos e discursos mixtos.

Esta convocatoria está aberta a toda persoa interesada,  máis terán prioridade as propostas recibidas de artistas de Galicia.

A peza ou intervención será representada o Venres 6 de Setembro en Santiago de Compostela, e é indispensable que a peza sea adaptable o espazo seleccionado polo festival

A peza seleccionada recibirá unha beca para a asistencia á formación do festival herDanza que se realizará en Santiago de Compostela entre os días 2 e 6 se Setembro do 2019.  Asimesmo o festival intentará garantir o aloxamento e manutención destes días.

O festival gárdase o dereito a deixar deserta esta convocatoria.

 

DIRIXIDO A : Artistas do corpo e o movemento

DURACIÓN DAS PEZAS OU INTERVENCIÓNS: Entre 8 e 20 minutos en formato de espazos non convencionais.

DATA LÍMITE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS: 25 DE AGOSTO

O 26 de Agosto o Festival porase en contacto coa proposta seleccionada persoalmente.

DATA DA PRESENTACIÓN NO FESTIVAL: 6 DE SETEMBRO

Aquelas persoas interesadas deberán mandar información da peza ou intervención  a herdanzafestival@gmail.com coa seguinte información:

  • Ficha Artística
  • Sinopse
  • Duración
  • Fotos e video