SONIA RODRIGUEZ

CROSS THE BORDERS OF OUR BORDERS  (Atravesando os límites das nosas fronteiras)

Horario: Luns 3, martes 4 e mércores 5 de 11:00 a 14:00

Lugar: Estadio de Atletismo da USC

Contido:

Neste taller gustaríame compartir o meu punto de vista coreográfico e aportar ideas para reflexionar sobre as nosas capacidades e limitacións. Comezaremos cunha clase técnica para traballar a percepción do corpo como capas, con diferentes sensacións e estados emocionais, enfatizando o corpo natural, as aliñacións e os movementos. Na segunda parte poñeremos a atención en máis frases complexas, combinando diferentes calidades enerxéticas e diferentes niveis. Todo iso baixo a idea inspiradora de “nada que temer e nada dubidar”. Sonia Rodríguez

 

 

 

SONIA RODRIGUEZ

Home

Comeza a súa carreira profesional como intérprete da Cia Provisional danza, posteriormente forma parte de diferentes compañías europeas: Cia Charleroi Danses (Bélxica), Cia En-Knap (Eslovenia), Cia Gissela Rocha (Zúric).

Traballou coa Cia Rui Horta (Alemaña); ademais de intérprete, participa como axudante coreográfica de pezas de repertorio para distintas compañías como Scottish Dance Theatre (Escocia), Cia Norrdans (Suecia).

Na actualidade vive en Berlín, onde desenvolve a súa actividade como coreógrafa e docente, e imparte talleres en toda Europa.

 

Información Xeral dos talleres, Prezos e Inscripcións

 

COA COLABORACIÓN DE