FORMACIÓN

Do 11 ó 15 de Setembro

Faremos tres talleres dirixidos por profesionais do sector de longo recorrido, como o son Esther Latorre e Hugo Pereira, Amparo Novas e Ruth Oblanca e Ángel Zotes. Podes inscribirte nos talleres contactando con nós a través de correo electrónico: herdanzafestival@gmail.com

¡Séguenos! Abaixo poderás ver o detalle dos talleres e os prezos.


TRABALLANDO DENDE O MAPA

Imparten: Esther Latorre e Hugo Pereira

Horario: Luns 11, martes 12 e mércores 13, de 11:00 a 14:00

Contidos: Neste taller traballaremos frases coreográficas para a preparación docorpo e fragmentos de repertorio da peza MAPA. Ademais crearanse varias secuencias de acción baseado no método de creación e pensamento da peza MAPA; trátase de movemento a partir de liñas, puntos e segmentos que cobrarán sentido ao longo da súa interpretación. Levarase a cabo un traballo bastante físico.

Onde?

No Estadio de Atletismo da USC


CORPO EN MOVEMENTO

Imparte: Amparo Novas

Horario: Luns 11, martes 12 e mércores 13, de 16:00 a 19:00

Contidos: Neste taller traballaremos aspectos físicos baseados nas técnicas de danza contemporánea, e ampliaremos a nosa capacidade de movemento dende o noso potencial creativo. Polo tanto, dividiremos o taller en dúas partes:

Na primeira parte faremos exercicios de movemento técnicos, mentres que na segunda parte, máis experimental, arrancaremos o movemento desde o noso aquí e agora ampliando a nosa conciencia espacial, sonora e corporal a través da nosa creatividade e individualidade.

Onde?

No Estadio de Atletismo da USC


DESCUBRIR, XOGAR, CONSTRUIR

Imparten: Ruth Oblanca e Ángel Zotes

Horario: En horario de mañá, o xoves 14 de 11:00 a 14:00 e de tarde de 16:00 a 19:00 // Venres 15 de 11:00 a 14:00

Contidos: Neste taller imos por en práctica a nosa creatividade mediante técnicas coreográficas de improvisación e composición instantánea, utilizando a danza contemporánea, o teatro físico e a voz.

Onde?

No Estadio de Atletismo da USC


¿Queres inscribirte? É moi sinxelo!

Escríbenos un correo a herdanzafestival@gmail.com


 

Canto custan os talleres?

PREZOS -ata o 3 de Setembro-*

    Para asistir a 1 dos talleres da programación: aportación de 50 €

    Para asistir a 2 dos talleres da programación: aportación de 90 €

 Para asistir ós 3 talleres da programación: aportación de 125 €

 

PREZOS -a partir do 3 de Setembro-

   Para asistir a 1 dos talleres da programación: aportación de 65 €

     Para asistir a 2 dos talleres da programación: aportación de 120 €

Para asistir ós 3 talleres da programación: aportación de 165 €

 

*Garantiza a praza para a asistencia aos distintos talleres que se celebrarán dentro do progama, desfrutando dun desconto pola aportación anticipada, ata o 3 de Setembro. Podes facelo a través do noso BOTE ONLINE.

IMPORTANTE: é imprescindible que despois de facer a aportación para asistir aos talleres nos envíes un e-mail a herdanzafestival@gmail.com para confirmar a túa asistencia.