ÁNXELA BLANCO
Sábado 8 de Setembro ás 20:00 – Praza de Santo Agostiño
SINOPSE
Improvisación baseada en cinco das escenas da obra ‘Ulises e a nena durmida’. O sacrificio do carneiro de cornos dourados, a partida a guerra de Troia, a fusión con Circe, o alivio de Telémaco e o espertar: a saida da caverna de Penélope.
Unha sinfonía de imaxes e voces inspirados na traxedia Homérica. Ou mellor dito, o corpo de Ulises en movemento para reescribir aquel mito, como xa fixera Begoña Caamaño en ‘Circe ou o pracer do azul’.
Creación e Interpretación : Ánxela Blanco
Duración : 15 min