VOLUTAS

LES BRAVES

Venres 7 de Setembro ás 21:30 – Praza da Inmaculada

 

SINOPSE

Volutas dálle nome ás formas circulares que coroan a columna xónica emulando os cabelos da muller, así como tamén define a volatilidade do fume e as espirais que forma. Les Braves xoga con esta dualidade mostrando unha historia coa que todas e todos se poden identificar. É unha homenaxe ás nais e aos pais, piares da familia, pero sobre todo ás nais; Volutas é unha crítica á educación hetero-patriarcal da sociedade actual. Preséntase a imaxe do individuo en busca dunha identidade que non sexa nin masculina nin feminina; a través da danza 
o individuo antepón o movemento como unha declaración de liberdade, onde o xénero se disipa.

Dedicado aos meus pais, e ás nais.

 

Creación e interpretación: Daniel Lezslo
Duración: 20 min