Cía Cisma: «ENTRE NANAS E ESCOMBROS»
Sábado 10 de Setembro ás 13:00
Xardín de Fonseca
Cía Cisma: Xiana Vilas e Isabel Sánchez
Sinopse:
Eu quéroo todo, xa!
Agora!
E que estea enteiro…
Non quero ser modesto,
nin contentarme cun anaco.
Eu quero estar hoxe seguro de todo,
e que iso sexa tan bo como cando eu era pequeno.
En «Entre nanas e escombros” se contrapón a obstinación e obsesión do mundo adulto coa espontaneidade do mundo infantil.
O mundo adulto é irrompido por flashes de inocencia provintes da infancia. A vida adulta aparece en contraste ó mundo infantil, que intercepta na rutina dos adultos, posibilitando así pinceladas absurdas dentro do serio mundo dos maiores, pero que ó mesmo tempo permite desvelar as contradiccións do mesmo.
COREOGRAFÍA: Isabel Sánchez e Xiana Vilas
INTERPRETACIÓN: Isabel Sánchez e Xiana Vilas