Propoñemos un espazo de conversa aberta ó público con artistas e outros axentes que traballan no sector profesional da danza.
Nas Conversas disfrutaremos dunha cata de viño e maridaxe por parte de Adegas Galegas -D.Pedro D Soutomaior, Albariño- Torre de Núñez
Así mesmo, en NUMAX, a librería oficial do Festival herDanza, contaremos cun posto de venda de libros e material especializados no corpo, na danza e nas artes escénicas.
¿Onde e cando?
Estaremos o martes 12 e o mércores 13 de setembro ás 20:30 na saLa Montiel
Modera as Conversas: Mónica Páramo Casas, Filósofa e Médico.
MARTES 12 ás 20:30
Creacións en colectivo: O exemplo do proxecto ‘NIDO – Rizoma 2016’ de Sharon Fridman
Proxección do documental sobre este proxecto, realizado por Damián Varela.
CONVERSA CON…
Damián Varela Pastrana: director, productor, realizador e cámara de cine e artes escénicas.
Diego M. Buceta: Bailarín, coreígrafo e participante do proxecto NIDO_RIZOMA
MÉRCORES 13 ás 20:30
As artes escénicas como ferramenta de transformación social
CONVERSA CON…
Ruth Oblanca García: psicologa e Actriz , no marco do festival presentará a peza Alteridad e impartirá o taller Descubrir, Xogar, Construir.
Andrea Calsamiglia Madurga: doutorada en Psicoloxía social coa tese «Da violencia ó amor e do xulgado ó teatro social » e co-fundadora de NUS Teatre.