Con Enrique Latorre e Marta Pérez
Mércores 5 de Setembro ás 21:00 – Casa do Matadoiro
Propoñemos un espazo de conversa aberta ó público con artistas e outros axentes que traballan no sector profesional da danza.
Nas Conversas disfrutaremos dunha cata de viño e maridaxe por parte de Adegas Galegas -D.Pedro D Soutomaior, Albariño- Torre de Núñez
Modera as Conversas: Mónica Páramo Casas
Enrique Latorre
Licenciado en Filosofía pola Universidad de Santiago de Compostela, posteriormente cursa o Máster en Lóxica e Filosofía da Ciencia.
Os seus intereses céntranse nos estudos feministas da ciencia e da tecnoloxía; as sexualidades non normativas e os xactivismos Queer.
Actualmente compaxina a tesis doctoral na que investiga a comprensión do corpo nos discursos biomédicos contemporáneos e asúa relación coa produción de suxeitos subalternos ( homosexual, muller, discapacitado) co autoempleo e os activismos lgtbi de Galicia.
Marta Pérez
Actriz e creadora escénica. Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Directora de Inversa Teatro- nacida en 2009- coa que leva cinco producións teatrais, preparando actualmente a súa sexta-.
Recibe os premios XV Premio Teatral Maruxa Villanueva, o Premio do público Coiro de Pita da Sala Ingrávida de Porriño e o II Premio de dramaturxia breve a Pipa de Becerreá pola peza Catiúscas.
A súa investigación ven centrándose na filosofía e feminismo para trasladala a ensaios escénicos. Coordina os Encontros Mulleres Creando no FITO de Ourense