SAIDA DE EMERXENCIA 2020

Convocatoria de propostas do corpo e movemento para artístas residentes en Galicia. Pensada especialmente para proxectos emerxentes ou de recente creación.

Desde o festival herDanza nesta V Edición queremos propoñer un espazo onde @s artistas emerxentes podan mostrar o seu traballlo.

Esta convocatoria está especialmente pensada para compañías emerxentes e proxectos de nova creación, asimesmo intervencións, investigacións ou outro tipo de formatos e discursos mixtos.

Será indispensable que as pezas ou intervencións sexan adaptables a ser expostas nun parque de Santiago de Compostela, e ter dispoñibilidade nalgunha das datas do festival (3, 4 e 5 de Setembro)

Os proxectos seleccionados recibirán entre 100 € e 250 € como axuda para o desprazamento e manutencion en Santiago de Compostela .

O festival gárdase o dereito a deixar deserta esta convocatoria.

DATA LÍMITE PRESENTACIÓN: 9 de AGOSTO do 2020 ás 23:59

Aquelas persoas interesadas deberán mandar información da peza ou intervención  a  herdanzafestival@gmail.com coa seguinte información:

  • Asunto: Saida de Emerxencia + Nome da peza
  • Ficha Artística que inclúa sinopse, biografía e duración.
  • Dispoñibilidade e número de compoñentes.
  • Video da peza (ou ensaio se está en proceso de creación)