2019 – TANZTRÄUME

PROXECCIÓN 

Título: Tanzträume (Adolescentes bailan Kontakthof de Pina Bausch)
Director artístico: Anne Linsel
Duración: 89 min
Ano: 2010

Versión orixinal con subtitulos en castelán

Kontakthof é unha das pezas máis famosas da coreógrafa alemana Pina Bausch, falecida en 2009. A obra, creada en 1978, foi posta en escena poteriormente con persoas maiores e logo, en 2008, con adolescentes. O documental rexistra os ensaios no Teatro de Danza de Wuppertal, un ano antesda morte de Pina Bausch. Un impactante documento sobre a filantropía da coreógrafa e, sobre todo, sobre o drama de converterse nunha persoa adulta. 

Especificacións técnicas 

Este documental de Anne Linsel, con cámara de Rainer Hoffman, chegou ás salas de cine porque todos (con excepción de un par de adolescentes que participan) coñecen á gran Pina Bausch, xa que se trata dun reencontro con Pina Bausch, a sempre amable e modesta coreógrafa, fumadora empedernida, que faleceu en xuño de 2009,
e tamén porque, como no caso de «Isto é ritmo», con Royston Maldoom, móstrase como un adolescente, en apenas 90 minutos, pode facerse adulto e asumir as súas responsabilidades (o soño de todo pai desesperado). Ademais, esa mocidade alumna de Wuppertal non é presentada como integrante de minorías de curiosas orixes e clases sociais necesitadas, senón como persoas que viviron duras experiencias: a morte do pai a causa dunha explosión de gas, a vida con catro irmáns romaneses musulmáns nunha Wuppertal cristiá e sen xitanos, ou como fuxitivos kosovares quedeben facerse valer en Occidente. Vemos a Jo-Ann Endicott, unha bailarina pioneira de Wuppertal que ensaia, xunto con Benedicte Billiet, este Kontakthof; con adolescentes maiores de 14 anos e, para empezar, dille a unha moza: «Tes que ter un foco», A moza responde: «Xamais bailei». Endicott pídelle «unha risa de verdade». Ela
non se atreve. Endicott dille: «Divírtete, pois na túa vida non te divirtes». 
Estamos ante unha contraproposta ao éxito de taquilla «Isto é ritmo»; aínda que aofinal tamén se trata de elixir ás mellores, algo que só se reflexa nun primeiro e segundo reparto, o Teatro de Danza de Wuppertal non é unha escola da disciplina como a de Royston Maldoom, senón unha escola da ilustración. A adolescencia non é «damas e cabaleiros maiores de 65 anos» como aqueles que, no ano 2000, protagonizaron a segunda posta en escena do primeiro «Kontakthof» de Pina Bausch, creado en 1978, na que representaron os malentendidos cómicos e tráxicos
dos sexos a través da súa nostalxia de antigas liberdades sexuais. Neste caso, trátase dunha xuventude que aínda non coñece nin o sexo, nin a danza, nin o desexo; trátase dunha xuventude tímida; as primeiras relacións fracasan, o primeiro amor non é fermoso, pois non se sabe que é o amor. A peza supera á adolescencia. A peza é boa
para estas persoas adolescentes que, a causa do pudor dunha sociedade que parece estar por enriba de calquera sentimento, non atopa a súa orientación sexual e afóganse de vergoña. 

Cada sábado ensáiase a peza, peléxase, lóitase e chórase, pero o 7 de novembro de2008 a obra preséntase no escenario do teatro de Wuppertal. Pina Bausch reparte flores e recibe bicos, ata que o seu rostro parece afundirse entre as manchas de labial das mozas. A gran señora díxolles unha e outra vez: «Fágano con pracer» – pois é
precisamente iso o que non hai nas súas vidas. A súa danza-teatro é como un antídoto contra a esixencia de render, o peor mal de toda unha xeración: render no lugar de amar. » Tiñan unha ambición esaxerada», dilles Pina, «pero son máis belos cando son como son, con todas as calidades e refinamentos que ten un ser humano».

A esta mocidade, ninguén lle dixo xamais algo así. «É horrible?» pregúntaselle a unha bailarina cando se lle toca. «Si», responde ela. Mentres un centenar de moralistas retrógrados estremécense – que fan cos nosos fillos! – esa mocidade é, por fin, tomada en serio e iniciada na idade adulta. 

Anne Linsel

Periodista cultural, naceu en Wuppertal e estudiou Arte, Historia da Arte e Filoloxía Alamana. É fundadora e Presidenta da asociación «Casa da literatura de Wuppertal» Entre 1984 e 1989 conduciu o programa cultural do canal ZDF «Aspekte» e logo, ata 2004 e en vivo, «Sonntagsgespräche» («Conversas de domingo»), no mesmo canal. Concibiu e presentou noites temáticas no canal Arte, sobre Joseph Beuys, Pina Bausch ou Max Ernst, entre outros. 

Filmografía (selección): 
– «Caraveis na India – Pina Bausch e o seu Teatro-Danza de Wuppertal na India», 60 minutos, para o canal Arte, 1994 (nomeado para o Premio Europa) 
– «Wuppertal – sen maquillaxe no Condado do Monte», 45 minutos, para o canal WDR, 2000
– «Pina Bausch», 43 minutos, para o canal WDR, 2006
– «Soños de baile – Xoves danzan "Patio de contacto", de Pina Bausch», 89 minutos, para cine, 2010

Director artístico: Anne Linsel

Guión: Anne Linsel

Cámara: Rainer Hoffmann
Categoría: Documental

 

Material audivisual cedido para a súa visualización no Festival herDanza IV Edición por parte do Goethe Institut. Sen dereitos de reproducción con fines comerciais. En colaboración con :